O Desfile do Entroido de Marín supera as mellores previsións

Marín
16 de marzo 2019

Dúas horas e vinte minutos foi o tempo que durou o concorrido desfile no que participaron 25 comparsas e grupos

Desfile do Entroido de Marín
Desfile do Entroido de Marín / Concello de Marín

O Concello de Marín destacou que as mellores previsións víronse este venres "amplamente superadas". O aprazado Desfile de Entroido 2019 resultou "un éxito de participación e bateu todos os récords que se lembran", aseguran.

A alcaldesa María Ramallo felicitou ao pobo marinense por este "éxito sen precedentes".

Dúas horas e vinte minutos foi o tempo que durou o concorrido desfile no que participaron 25 comparsas e grupos.

O público aguantou durante todo o percorrido sendo os lugares de máxima concentración a avenida de Ourense, Praza de España e Almuíña e Jaime Janer.

Desde o Concello de Marín agradecen a todos a súa colaboración e sinalan o alto nivel que tivo este ano a categoría de grupos, moitos deles era a primeira vez que acudían a Marín.

 

Arquivado en