A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deuse de baixa como afiliada ao sindicato Comisións Obreiras. O conflito do Parque de Maquinaria foi a causa desta decisión.
Carmela Silva expresou este venres a súa "terrible tristeza" pola actuación dos responsables deste sindicato que nas últimas horas culpou ao goberno da Deputación de que se produzan accidentes nas estradas provinciais. Neste sentido, pediu "máis rigor" a Comisións Obreiras xa que non denunciaron a "deplorable situación" na que se atopan outros viarios que son de competencia autonómica ou municipal.
Silva lamentou o "dano" que lle están facendo a este sindicato "de clase" cando se dedican a "facer pintadas e pegar carteis ameazantes, con descualificacións, insultos e unha carga de misoxinia".
"Eu non podo formar parte diso, dígoo con moita dor", sinalou.
"Por respecto á traxectoria deste sindicato e ao que representou na historia deste país", a presidenta provincial ha anunciado que "me vou a calar" polo que "despois de todo o que ocorreu" descarta volver falar co delegado sindical de Comisións Obreiras na Deputación, José Ramón Piñeiro.
"Nesta Deputación acabáronse os privilexios", engadiu "poden continuar con todas as presións antidemocráticas que fan que non imos cambiar nadiña de nada a nosa política de romper cos privilexios", dixo nunha mensaxe dirixida aos funcionarios do Parque de Maquinaria.
Finalmente, Carmela Silva asegurou que o goberno bipartito vai facer "o mellor plan de infraestrutura desta provincia nestes tres anos, o mellor Plan que se fixo nunca na Deputación".