O Concello de Pontevedra anticípase ao nivel de alerta por seca decretando "medidas excepcionais"

Pontevedra
26 de xullo 2022

Son medidas dirixidas a asegurar o aforro de auga e o uso racional do recurso; entre outras, a restrición do uso da auga destinada ao consumo humano a encher piscinas, rego de xardíns e outros usos lúdicos, baldeos, limpeza de fachadas ou lavado de vehículos polos particulares

Billa de auga
Billa de auga / PontevedraViva

O Concello de Pontevedra ven de emitir un bando asinado polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores no que adopta unha serie de medidas de redución do consumo de auga do abastecemento municipal por mor da situación de pre-alerta decretada pola Xunta por seca e baixa do caudal do río Lérez.

Segundo xustifica o rexedor son "medidas excepcionais dirixidas a asegurar o aforro de auga e o uso racional do recurso", entre outras, prohibir o uso de auga apta para consumo humano para encher piscinas particulares, regos de xardíns e limpeza de coches por particulares; reducir os consumos municipais (baldeos das rúas, regos de xardíns, fontes ornamentais, e outros); promover a instalación de dispositivos de aforro doméstico para evitar o uso innecesario da auga, tales coma a utilización de sistemas de aforro de auga nas billas, pechar a billa durante o cepillado ou empregar a ducha no lugar do baño para evitar o uso de auga innecesaria.

O Concello tamén insta ás empresas e industrias a minimizar o consumo e a un uso razoable da auga do abastecemento municipal, tendo en conta que o uso prioritario é o do abastecemento á poboación.

O bando lembra á cidadanía que é "necesario tomar conciencia da importancia de levar a cabo medidas de aforro no consumo da auga, evitando o malgasto e minimizando os usos prescindibles".

A concelleira do Ciclo da Auga, Carme da Silva, explicou que estas medidas aplicaranse a partir de este martes. "Queremos anticiparnos ao escenario de alerta porque é fundamental que a poboación se conciencie", ha apuntado. De momento, el suministro a Pontevedra y al resto de concellos está garantizado.

"Segundo a evolución do río sabemos que os escenarios poden mudar en cuestión de días. Se o río se comporta tal e como estes días, de xeito estable, é posible que tardemos en entrar no escenario de alerta, pero é un escenario que se pode producir. Cremos que é máis razoable indicar hoxe esta serie de medidas, froito da reflexión cos servizos técnicos, que xa apostan por certas prohibicións, e non dicir hoxe que se recomenda e en tres días que se prohibe. É máis simple desde xa que non se permitan certos usos e non confundir a poboación", dijo Carme Da Silva.

O Concello tamén aprobou un Plan Excepcional de Actuacións ante situación de Escaseza Conxuntural de recursos hídricos, por mor da situación de seca, no que se prevén unha serie de medidas para o subministro en baixa.

Os técnicos do Concello e os de Viaqua, a empresa concesionaria do servizo da auga, estableceron catro niveles: normalidade, prealerta, alerta e emerxencia. 

O terceiro nivel, de "alerta", é o que fixaría restricións ao estar o río cun caudal de 0,87 e 1,17 metros cúbicos por segundo. As prohibicións que o Concello acaba de poñer en marcha incluirían un réxime de sancións, multando os incumprimentos.

No último nivel do protocolo antisequía, se o río Lérez marcase rexistros por baixo dos 0,87 metros cúbicos por segundo, Pontevedra deixaría de captar do río e teríase que abastecer directamente do encoro do Pontillón do Castro que ten capacidade de subministración só para un mes.

O Servizo Municipal de Augas e o persoal técnico do Concello están a traballar en solucións, tanto de emerxencia como a longo prazo, para o caso de que a situación de seca se prolongue no tempo; mais se a situación persiste adoptaranse outras medidas que se irán informando a cidadanía.

"Precisamos da axuda dos nosos veciños e das nosas veciñas para conseguir un consumo responsable que axude a manter as reservas o máximo tempo posible", asegura o alcalde neste bando.

 

Arquivado en