O alcalde en funcións, Antón Louro, responsable municipal de Urbanismo, lamentou este mércores que a Autoridade Portuaria de de Marín e Ría de Pontevedra de luz verde ao Plan de espazos e usos portuarios sen ter en conta as alegacións presentadas polo municipio capitalino.
Louro alerta que esta circunstancia pode ter repercusión na concesión de licenzas e na seguridade xurídica das xa outorgadas.
O novo Plan Especial de Ordenación do Porto de Marín, pretende solucionar os problemas de inseguridade xurídica que padecen o peirao dende que o Tribunal Supremo anulou o anterior Plan Especial e que declararon ilegais 300.000 metros cadrados de recheos.
As alegacións municipais formulaban a necesidade dun deslinde territorial entre os municipios de Pontevedra e Marín dentro deses terreos, tamén a afección dos recheos dende o punto de vista medio ambiental e respecto aos servizos de auga e saneamento. Ademais, Antón Louro, formulou o rexeitamento á extensión dos usos industriais e comerciais para converter o Porto nun polígono industrial e comercial.
Igualmente Louro asegurou que "por lealdade institucional, non imos a ningunha vía"