O Concello de Ponte Caldelas remitirá un oficio a Xestur instándolle a proceder á limpeza das parcelas desocupadas do parque empresarial da Reigosa co fin de ofrecer una boa imaxe da zona e evitar a proliferación de especies invasoras e problemas de salubridade.
O alcalde, Andrés Díaz, dixo ao respecto que “ofrecer unha imaxe ordenada e pulcra do polígono industrial redundará tamén na promoción e venda de parcelas. O Concello cumpriu co seu compromiso de limpar os viais que dan acceso ás distintas zonas do polígono e tamén a senda verde que discurre polas inmediacións. Agora tócalle o turno a Xestur na súa obriga de manter en condicións as parcelas de titularidade pública e que todavía non foron vendidas”.
No que atinxe a administración local, os operarios contratados a través do Plan de Emprego da Deputación xa remataron cos traballos de roza da senda verde e os viais do polígono así como as distintas rutas de sendeirismo que discurren polo municipio. Andrés Díaz agradeceu a profesionalidade e dedicación da brigada que permitiu con éxito e en tempo récord o acondicionamento no Camiño dos Arrieiros, a Ruta do Foxo do Lobo e das Almiñas así como vias naturais en San Vicente, Gradín ou Paradela.
A intención do novo equipo de goberno é impulsar circuitos de sendeirismo para atraer o turismo verde e familiar, potencialos como aulas vivas da natureza e onde Ponte Caldelas se convirta en punto de referencia, non só pola primeira praia fluvial do Estado con bandeira azul, senón tamén polo compromiso coa sostenibilidade e o turismo ecolóxico.