O Concello cre que Funespaña renunciará ao seu crematorio

Pontevedra
17 de abril 2014

O concelleiro de Infraestructuras, César Mosquera, insiste: "ese crematorio non se vai facer", refírese ao proxecto de Funespaña de quen dixo "está xa máis interesada en conseguir a indemnización". A clave desta suposta renuncia está na aseguradora Mapfre, matriz de Funespaña

Recreación do tanatorio-crematorio proxectado por Funespaña
Recreación do tanatorio-crematorio proxectado por Funespaña

Foi o concelleiro de Infraestructuras, César Mosquera, o primeiro en poñer o foco sobre o asunto. Sucedeu no pleno do pasado mes de marzo.

Á sesión acudiron varios membros da plataforma veciñal Crematorios Non Pontevedra Leste, e debate estaba sendo monopolizado polo concelleiro de urbanismo, o socialista Antón Louro e o voceiro do Partido Popular, Jacobo Moreira cando interveu Mosquera dixo "ese crematorio non se vai facer", referíase ao proxecto de Funespaña de quen dixo "está xa máis interesada en conseguir indemnización".

A clave desta suposta renuncia está na aseguradora Mapfre, matriz de Funespaña. Segundo comunicou o pasado mes de febreiro a Comisión Nacional do Mercado de Valores, a xunta de accionistas de Funespaña aprobara a fusión por absorción das sociedades Servicios de Empresas Mortuorias Pontevedresas, Hijos de Luis Santos, Funeraria Crespo e Funegrup, integramente participadas pola compañía.

Mosquera insiste que nos plans da compañía non figura acometer novos investimentos a curto prazo, polo que o concelleiro nacionalista apunta unha anulación do proxecto de construción dun crematorio en Pontevedra.

Máis cauto mostrouse o concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, que se limitou a sinalar que "os ritmos empresariais cambiaron".