O Concello concede licenza ao segundo supermercado de Aldi que construirá na avenida de Lugo

Pontevedra
16 de agosto 2022

Ao coñecido proxecto de reforma das instalacións de Vialia, na estación de trens, súmase agora a licenza urbanística que este martes concedeu a Xunta de Goberno Local para a construción, acondicionamento e instalación de nave para a súa apertura con destino a supermercado no predio situado na Avenida de Lugo, número 58

Local en Vialia onde Aldi construirá un supermercado PontevedraViva

A cadea de supermercados alemá Aldi abrirá un segundo supermercado na cidade de Pontevedra. 

Ao coñecido proxecto de reforma das instalacións de Vialia, na estación de trens, súmase agora a licenza urbanística que este martes concedeu a Xunta de Goberno Local para a construción, acondicionamento e instalación de nave para a súa apertura con destino a supermercado no predio situado na Avenida de Lugo, número 58.

O terreo, contiguo á gasolineira, ten unha superficie de 5.878 metros cadrados e a superficie para construír é de 1.524 metros cadrados.

A promotora Aldi Real Está SLU orzou a obra en 1.231.081 euros e depositou unha fianza de 16.000 euros no Concello de Pontevedra para poder iniciar os traballos. Aldi poderá empezar coa obra ao longo dos próximos 6 meses e conta cun prazo de execución de dous anos.

A portavoz do goberno local, Anabel Gulías valorou positivamente a concesión desta licenza, que foi solicitada a finais de 2021, xa que estas obras "son importantes e xeran un impacto positivo na cidade" e demostran que Pontevedra "recobra o dinamismo económico".  

A previsión da cadea Aldi é que poida abrir o supermercado de Vialia no outono próximo, despois de asinar un contrato de 20 anos co Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), que xestiona esas instalacións.