O compost da futura planta de biomasa fertilizará os montes comunais

Pontevedra
09 de maio 2014

Inicialmente, e a falta dos estudos correspondentes, calculase que a planta terá capacidade para tratar unhas 15.000 toneladas de residuos

Compost
Compost / Xunta

José Manuel Figueroa, vicepresidente da Deputación, confirmou este venres que a Administración Provincial asinará nos próximos días un protocolo de colaboración co Concello de Pontevedra para ainstalación dunha planta de compostaxe na provincia.

Unha vez asinado o protocolo co Concello, que se encargará de buscar os terreos e poñelos á disposición da Deputación, procederase a adxudicar o estudo de viabilidade para tratar de axilizar os trámites e que Pontevedra "conte cunha planta de compostaxe o antes posible".

Figueroa asegurou que, aínda que a creación desta infraestrutura se realizará da man do Concello de Pontevedra, poderá tratar tamén residuos orgánicos e restos vexetais doutros concellos que desexen sumarse, dado que "do que se trata e de mellorar o servizo provincial de recollida de lixo" que nestes momentos está en proceso de implantación e que conta cunha vintena de concellos adheridos.

Inicialmente, e a falta dos estudos correspondentes, calculase que a planta terá capacidade para tratar unhas 15.000 toneladas de residuos.

Con esta iniciativa, a Deputación e o Concello pretenden avanzar na protección ambiental en dous aspectos fundamentais: por unha banda, a mellora da xestión dos residuos e, pola outra, na posta en valor da superficie forestal da provincia.

Neste último aspecto, o protocolo que se está a redactar contempla  a posibilidade de colaboración coas xuntas de montes tanto para que estas poidan enviar restos de roza, podas⿦ á planta como para que o compost fabricado na planta se utilice no abonado dos montes e na mellora da súa produtividade e conservación.

Esta infraestrutura sumarase ao proxecto piloto de compostaxe doméstica que xa está incluído no servizo intermunicipal de recollida de lixo e que suporá a distribución de 1.300 composteiros a domicilios dos concellos adheridos ao servizo.

Arquivado en