O caudal do Lérez mantense estable garantindo o abastecemento

Pontevedra
08 de agosto 2022

"A mellor información que temos hoxe é que hai moi pouca información. E iso é unha boa noticia", resumiu Carme da Silva sobre o estado actual do caudal do Lérez, que se mantén cun caudal ecolóxico de 1,6 metros cúbicos por segundo. "Iso garante o abastecemento empregando exclusivamente o bombeo de Monte Porreiro", sinalou  

Río Lérez
Río Lérez / PontevedraViva

Este luns tivo lugar unha nova reunión telemática de seguimento dos datos da auga e a situación de prealerta na que se atopa a conca do río Lérez debido ao baixo caudal que soporta e as perspectivas a curto prazo.

A concelleira responsable do ciclo da auga no Concello de Pontevedra, Carme da Silva, compareceu este luns en rolda de prensa para informar da situación do río Lérez neste contexto de pre alerta por escaseza de auga.

"A mellor información que temos hoxe é que hai moi pouca información. E iso é unha boa noticia", resumiu Carme da Silva sobre o estado actual do caudal do Lérez, que se mantén cun caudal ecolóxico de 1,6 metros cúbicos por segundo. "Iso garante o abastecemento empregando exclusivamente o bombeo de Monte Porreiro", sinalou

O río mantén un caudal estable respecto a a pasada semana e tampouco variou o consumo dos concellos "nótase que hai un esforzo de contención" a pesar de que estamos na época do ano na que máis auga gástase. 

Así, en Marín, Poio e Bueu o incremento no consumo apenas se nota a pesar de que diminuíu moito a capacidade dos seus respectivos mananciais. A media de consumo da pasada semana foi de 37.000 metros cúbicos. 

Nesta reunión participou o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, que  manifestou o interese por coñecer o traballo que se está realizando desde o Concello de Pontevedra para intentar delimitar con maior precisión a parte do caudal que se corresponde ao consumo do propio municipio.

Por outra banda, os servizos municipais elaboron unha listaxe de grandes consumidores de auga, á vez que identifica a 25 establecementos públicos e privados como "abonados vulnerables" nos que a subministración se garantiría as 24 horas aínda que haxa restricións. "Basicamente trátase de centros sociosanitarios" como os hospitais ou as residencias de maiores. 

No caso do Hospital Montecelo conta cun bombeo aparte polo que resulta máis sinxelo illar o seu abastecemento para que quede garantido e o Provincial dispón dun sistema de almacenamento.

"Estamos a adiantarnos a unha situación que esperemos que non se dea, pero queremos tela prevista", apuntou a concelleira.

 

 

Arquivado en