O BNG solicita a recuperación das minas de auga de "As raposeiras", en Mogor

Marín
02 de outubro 2022

Lucía Santos insiste na "necesidade da elaboración dun estudo que permita poñer en marcha as medidas necesarias para a posta a punto de todas as minas de auga do concello e así asegurar o abastecemento de auga a todas as parroquias"

Lucía Santos, portavoz municipal do BNG en Marín
Lucía Santos, portavoz municipal do BNG en Marín / BNG en Marín

A portavoz local do BNG no Concello de Marín, Lucía Santos, recollendo una demanda da veciñanza da barriada Pérez Crespo, solicitou ao goberno municipal a recuperación das minas de auga de As Raposeiras, na parroquia de Mogor, que se atopan en desuso na actualidade, e "garantiría a subministración de auga á barriada e zonas próximas".

Lucía Santos insta ao goberno da alcaldesa María Ramallo "necesidade da elaboración dun estudo que permita poñer en marcha as medidas necesarias para a posta a punto de todas as minas de auga do concello e así asegurar o abastecemento de auga a todas as parroquias".

Segundo Santos, "non sabemos o que acontecerá o vindeiro verán, polo que Marín non pode depender unicamente do servizo de auga que se merca a Pontevedra, sobre todo cando no noso concello temos recursos propios".

O Bloque sinala que o concello de Marín conta con núcleos como Seixo, Santomé, Ardán ou San Xián que levan padecendo problemas de subministración de auga nos meses de verán durante anos, polo que a situación da seca agrava aínda máis esta problemática.

 

Arquivado en