O BNG de Marín ven de rexistrar unha moción na que solicita a adhesión de Marín á planta de compostaxe provincial que impulsan conxuntamente o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial.
"Na actualidade os niveis de compostaxe en Marín son practicamente simbólicos, xa que a practica totalidade dos residuos orgánicos estanse a transferir a Sogama e, dende que a Concellaría de Medio Ambiente dirixida polo BNG no anterior goberno municipal impulsara a compostaxe domiciliaria, non hai ningún tipo de iniciativa neste sentido no noso municipio", afirma a portavoz do BNG, Pilar Blanco.
Para os nacionalistas a planta de compostaxe provincial supón a "oportunidade" de reducir a incineración masiva de residuos que se realiza en Cerceda, e ademais limitara os desprazamentos e os prexuízos medioambientais que supón transportar o lixo a centos de quilómetros de onde se produce.
Dende o BNG de Marín salientan que o proxecto está a implicar ás comunidades de montes e colectivos sociais "o cal asegura a participación cidadá nun proceso que tamén pasa pola concienciación ambiental e a defensa dos nosos montes. ÿ público e notorio que a política medio-ambiental non existe en Marín dende que goberna o PP, por non falar do pésimo servizo na recollida do lixo e a nula comunicación entre o concello e os axentes sociais", afirma a edil nacionalista.
"Na actualidade non existe ningún centro de compostaxe dos residuos orgánicos na provincia de Pontevedra, por esta razón parécenos importante que Marín se adhesione a este proxecto que garantiría a proximidade dun proceso no cal é vital a implicación da cidadanía", indica a portavoz do BNG.