O deputado nacionalista por Pontevedra Luís Bará presentou varias iniciativas parlamentarias en forma de proposición non de lei e preguntas para reclamar ao goberno do Estado que aprobe a caducidade da concesión, que rematou o pasado 29 de xullo.
O BNG demanda a aprobación do Proxecto de desmantelamento e descontaminación dos terreos, que debe levar a cabo a empresa, así como o cumprimento do acordo asinado en 2013 entre a Xunta e a empresa CUF (ahora Bondalti), propietaria de ELNOSA, que prevía o compromiso de non solicitar prórroga da concesión e o traslado da factoría.
Ademais da Proposición non de lei, Luís Bará presentou preguntas ao goberno sobre a caducidade da concesión, a descontaminación dos terreos e as xestións que está a levar a cabo a Xunta para o mantemento da actividade industrial de Elnosa noutra ubicación, tal como prevía o protocolo asinado en 2013.
O Bloque tamén quere saber que actuacións está a levar a cabo o goberno galego para o mantemento dos postos de traballo e da actividade industrial de Elnosa na contorna de Pontevedra.