O balón está agora no tellado dos Arquitectos

Pontevedra
01 de novembro 2012

A asemblea do Colexio de Arquitectos de Galicia celebrará o vindeiro luns, en Santiago de Compostela, a reunión na que se decidirá si venden ás funerarias o solar da súa propiedade en Arzobispo Malvar.

Carteis de rexeitamento colocados polos vecinos do solar onde se proxectaba o novo tanatorio do Burgo
Carteis de rexeitamento colocados polos vecinos do solar onde se proxectaba o novo tanatorio do Burgo / Diego Torrado

Os afectados polo tanatorio-crematorio que se pretende construír no Centro histórico sinalan que o futuro deste proxecto pasa polo Colexio de Arquitectos.

A asemblea do Colexio de Arquitectos de Galicia celebrará o vindeiro luns, en Santiago de Compostela, a reunión na que se decidirá si venden ás funerarias o solar da súa propiedade en Arzobispo Malvar.

O profundo bache económico que padece este Colexio profesional inclina a balanza cara a quenes apoian a venda xustificándoa na urxente necesidade de tesourería.

As empresas Pompas Fúnebres e Alianza e Barros puxeron sobre a mesa unha oferta única de 600.000 euros. Ademáis os arquitectos reservaríanse un espazo pegado para instalar a súa sé.

A presión social xerada tras coñecerse o proxecto de crematorio para o centro histórico tampouco parece ser un escollo para frear esta operación de venda xa que a delegación pontevedresa deste gremio de arquitectos xa mostrou a súa conformidade antes de saír á luz pública esta iniciativa.

En todo caso a decisión do Colexio pontevedrés non é vinculante e ten que decidir a asemblea xeral.