O Ateneo Santa Cecilia dá conta dos detalles do Enterro da Sardiña

Marín
27 de febreiro 2019

A alcaldesa de Marín, María Ramallo e representantes do Ateneo Santa Cecilia presentaron este mercores a XLIV Edición do Enterro da Sardiña que terá lugar o próximo mércores, día 6 de marzo

Presentación do Enterro da Sardiña
Presentación do Enterro da Sardiña / Concello de Marín

A alcaldesa de Marín, María Ramallo e representantes do Ateneo Santa Cecilia presentaron este mercores a XLIV Edición do Enterro da Sardiña que terá lugar o próximo mércores, día 6 de marzo.

A Casa Mortuoria será no antigo local do Ateneo Santa Cecilia a partir das 17 horas, e o velatorio no Palco da Música. O enterro comezará ás 20 horas, a comitiva apompañará ó corpo da defunta polas rúas Jaime Janer, baixada polo Busto, Doutor Touriño, Rúa do Sol ata chegar á Praza do reloxo, onde se dará lectura ao pregón.

Ao rematar o cortexo fúnebre discurrirá polas rúas Real, Almuíña, praza de España e despedida ao mar.

Ademáis, o Ateneo organiza un concurso de fotografía do Enterro da Sardiña (con prazo de presentación ata o 14 de marzo e bases no Ateneo).

Na mesma presentación os representantes do Ateneo colocáronlles á alcaldesa, María Ramallo, ao teniente alcalde, Manuel Santos, e a concelleira Marián Sanmartín un pin conmemorativo, con diseño de Manuel Torres, en recoñecemento ao seu apoio a esta actividade do Entroido.

 

Arquivado en