O alumnado de sexto de Primaria do CEIP Carballal obtén o carné de ciberexpertos

Marín
24 de abril 2024

O alumnado superou satisfactoriamente o curso de formación no uso seguro de internet impartido pola unidade de Participación Cidadá da Policía Nacional

O alumnado de sexto de Primaria do CEIP Carballal obtén o carné de ciberexpertos
O alumnado de sexto de Primaria do CEIP Carballal obtén o carné de ciberexpertos / Subdelegación do Goberno en Pontevedra

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, entregou este mércores os carnés de ciberexperto a 46 alumnos de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe Carballal de Marín.

O alumnado superou satisfactoriamente o curso de formación no uso seguro de internet impartido pola unidade de Participación Cidadá da Policía Nacional.

Abel Losada puxo en valor o "magnífico traballo" que desenvolve o Corpo Nacional de Policía para formar desde idades temperás ao alumnado no uso responsable de internet e das novas tecnoloxías. 

Acompañado polo comisario provincial, Juan José Díaz; polo inspector xefe da comisaría de Marín, Javier Fos, polo inspector de educación en Pontevedra, José María Alén e polo director do centro educativo, Yeray González, o subdelegado felicitou ao alumnado pola superación deste curso, recalcando a importancia de coñecer non só as vantaxes, senón tamén os riscos que implican o uso das tecnoloxías. 

Neste liña, lembrou ao alumnado a importancia de comunicarlles aos seus pais, á escola ou á propia Policía cando detecten un destes perigos ou ameazas.