O alcalde Fernández Lores visita as obras de impermeabilización do depósito de Lérez

Pontevedra
26 de marzo 2021

Este proxecto mellorará a eficiencia enerxética do maior dos oito depósitos para a subministración de auga cos que conta a cidade de Pontevedra

O alcalde Fernández Lores visita as obras de impermeabilización do depósito da ETAP de Lérez
O alcalde Fernández Lores visita as obras de impermeabilización do depósito da ETAP de Lérez / Concello de Pontevedra

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, visitou este venres o remate das obras de impermeabilización do depósito da estación potabilizadora de Lérez, o de maior capacidade dos oito cos que conta a cidade con 15.000 metros cúbicos construido no 1988. 

Acompañado polos concelleiros Raimundo González e Carme da Silva, así como responsables da empresa Viaqua, o rexedor destacou que as obras que se están realizando incrementarán o aforro enerxético das instalacións, debido a que servirán para evitar as perdas de auga e o consecuente bombeo que se necesitaba para recuperar a auga filtrada.

O importe desta obra que impermeabilizará todo o depósito ascende a 544.800 euros, e está incluído dentro das melloras previstas no contrato do servizo da auga. Remarcou Fernández Lores que se tratan de "investimentos continuados" que sitúan a Pontevedra "na vangarda do rendemento do servizo con cifras que nos colocan por diante da media estatal e mesmo por riba do que prevé a nova lexislación". A cidade do Lérez rexistra a 93 % da auga que depura, moi por encima do 80 % que require a lexislación.