O alcalde de Vilanova carga contra a presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez

O Salnés
18 de agosto 2022

O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Duran Hermida, cargou contra a presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez, á que esixe que faga as xestións oportunas coa Xunta para traer auga do río Ulla para esta comarca, ante a posibilidade de ter problemas de abastecemento nos próximos anos ante a insuficiencia do caudal do Umia

Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova de Arousa / Concello de Vilanova de Arousa

O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Duran Hermida, cargou contra a presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez, á que esixe que faga as xestións oportunas coa Xunta para traer auga do río Ulla para esta comarca, ante a posibilidade de ter problemas de abastecemento nos próximos anos ante a insuficiencia do caudal do Umia.

O Concello de Vilagarcía confirmou que vai reactivar a captación que discorre entre Pontecesures e Bamio que se xestou no ano 2006 e executouse mentres o bipartito PSOE-BNG gobernaba a Xunta aínda que non chegou a completarse.

Nun vídeo difundido no perfil de Facebook do Concello de Vilanova de Arousa o alcalde do Partido Popular critica "por hacer el ridículo" á presidenta da mancomunidade, a socialista Marta Giráldez, que no seu momento dixo que esta proposta "eran ocurrencias mías" e esíxelle que lidere esta intervención "y no un Concello en solitario". 

"Es muy triste que los que nos representan a todos lo hagan tan mal", reprochou Durán. "Cuando se coge la responsabilidad de gobernar un organismo hay que saberlo gobernar", engadiu.

"Nosotros sabemos y conocemos cómo funciona esto. Ella ni sabe, y por lo que estoy viendo, ni va a aprender", dixo o alcalde de Vilanova sobre a presidenta da Mancomunidade.

Duran advertiu que "esa tubería se queda pequeña y hay que poner otra más grande desde el río Ulla" onde se vai a ampliar a depuradora polo que reclama que se actúe en coordinación con Augas de Galicia "para que nos tengan en cuenta".

Por último, Gonzalo Durán reitera que se debe "traballar en conxunto coa Xunta" para traer auga "a lo grande" para a comarca e "pensar en todos y llevar una propuesta" porque "cualquier verano el Umia deja colgada a la comunidad turística del Salnés".

 

Arquivado en