"Ningún veciño ten que terlle medo a circular en coche pola cidade"

Pontevedra
11 de novembro 2020

Esa é a mensaxe que trasladou o xefe da Policía Local, José Manuel Duarte, ás autoescolas da cidade. Foi no marco da xornada de formación que estes centros recibiron para coñecer con detalle a nova ordenanza de mobilidade de Pontevedra

Xuntanza coas autoescolas da cidade Concello de Pontevedra

Esa é a mensaxe que trasladou o xefe da Policía Local, José Manuel Duarte, ás autoescolas da cidade. Foi no marco da xornada de formación que estes centros recibiron para coñecer con detalle a nova ordenanza de mobilidade de Pontevedra.

Duarte asegurou que "ningún veciño ten que terlle medo a circular en coche pola cidade" porque as condutas como usuarios dos espazos públicos "xa as temos interiorizadas" e parten de respectar sempre "ao máis feble", o peón.

Na reunión, na que participaron tamén o concelleiro de Mobilidade, Demetrio Gómez, e o director xeral de Emerxencias, Daniel Macenlle, abordáronse tamén as dúbidas que xurdiron entre os profesores de autoescolas, que recibiron documentación sobre a nova ordenanza.

O encontro con once autoescolas da cidade continúa a xeira de contactos que se están a manter con certos colectivos, como as tendas de bicicletas.

A próxima xuntanza será coa asociación de skaters, segundo avanza o goberno municipal.