O Concello de Pontevedra aposta, definitivamente, por suspender durante o período máximo dun ano, a concesión de licenzas de edificación para fornos crematorios de restos humanos. ÿ a proposta que levará o goberno municipal ao pleno do próximo xoves e que, tras aprobarse, afectará, segundo o concelleiro de Urbanismo, á totalidade das solicitudes que se están a tramitar actualmente.
"ÿ un documento serio, ben articulado e que busca facer compatibles a defensa dos intereses veciñais, do Concello e das empresas, co ánimo de reconducir a situación e que, dentro dun tempo, podamos chegar a unha solución satisfactoria para todas as partes", explica Antón Louro. Esta suspensión entrará en vigor unha vez que sexa publicada no Diario Oficial de Galicia.
Coa aprobación de esta proposta, as licenzas quedarán suspendidas en solo urbano, urbanizable de uso residencial, solo de núcleo rural e nun perímetro de 500 metros ao redor destas tres categorías de solo, agás en zonas industriais, cemiterios existentes e nos centros hospitalarios.
A proposta observa que a proliferación de solicitudes de crematorio "están a provocar unha enorme alarma veciñal", a causa da ausencia dunha normativa autonómica específica en materia medio ambiental ou de policía sanitaria mortuoria que paute unha zonificación de protección ou distancias aplicables especificamente aos crematorios.
Este documento deixa claro que a suspensión de licenzas terá unha duración máxima dun ano, pero se interromperá se antes se produce a aprobación inicial da modificación do PXOU. Chegado ese caso, a suspensión só se mantería para as áreas nas cales as novas determinacións do planeamento supoñan modificación da actual ordenación urbanística.
A proposta conclúe co acordo de notificar a suspensión a todas as empresas peticionarias de licenza para crematorios, "advertíndolles que terán dereito a ser indemnizadas co custo oficial dos proxectos e a devolución dos tributos municipais, sempre que o seu outorgamento non sexa posible por resultar incompatible coa nova ordenación que se estableza".
O dereito a recibir indemnización tamén queda en suspenso ata que se produza a aprobación definitiva da modificación do PXOM e déixase aberta a posibilidade de que os peticionarios podan solicitar a continuación das tramitacións das solicitudes de licenza de edificación para o uso tanatorio, sen crematorio.