Mourente non acode á xuntanza cos veciños da Parda

Pontevedra
15 de novembro 2012

A pretendida unión de todas as plataformas veciñais comeza a presentar fisuras. A pesar de reiterar o seu apoio, os veciños de Mourente non acudiron á reunión, aínda que estaban expresamente invitados, os que si acudiron foron representantes dos residentes de Arcebispo Malvar nun claro xesto de unión nás súas reivindicacións.

Crematorio Tanatorio proxectado por Funespaña
Crematorio Tanatorio proxectado por Funespaña

Os veciños da Parda reiteran o seu rexeitamento aos dous Crematorios proxectados na zona Este de Pontevedra: o do empresario Juan Perdiz, director do Tanatorio de San Marcos, e o da firma Funespaña. Ambos na zona de San Amaro.

Os dous teñen a súa tramitación moi avanzada, o de Perdiz atópase na fase de información pública e o de Funespaña tan só está pendente dun informe da Consellería de Cultura.

"Presións do Partido Popular que pretenden favorecer a un empresario local"

Os veciños non queren "nin un, nin o outro", así se decidiu na asemblea celebrada onte á noite no Colexio Sagrado Corazón na que participaron residentes da zona convocados pola asociación de veciños Manuel Quiroga de Pedra do lagarto.

"ÿ mellor que os empresarios busquen outro sitio porque están demasiado preto das vivendas", explicou ao término da reunión o portavoz vecinal, José Vilar "que busquen outro sitio afastado das vivendas a 500 metros e que non sexa rústico - especial senón que sexa adecuado para este tipo de industrias".

Mentres tanto a pretendida unión de todas as plataformas veciñais comeza a presentar fisuras. A pesar de reiterar o seu apoio, os veciños de Mourente non acudiron á reunión da Parda, e iso que estaban expresamente invitados. Quenes si acudiron foron representantes dos residentes de Arzobispo Malvar nun claro xesto de unión nás súas reivindicacións.

Entre os veciños insinuouse que o distanciamiento da asociación de Mourente obedece a "presións do Partido Popular que pretenden favorecer a un empresario local". 

Na reunión acordouse que o vindeiro luns volverán asistir como público ao pleno da corporación de Pontevedra "queremos ver en directo como se soluciona este asunto e demostrar ao concello que nos mantemos firmes na nosa oposición aos crematorios".

FUNESPAÿA

Fai xusto agora dous anos que Funespaña comprou a firma Sempsa (Servizo de Empresas Mortuorias Pontevedresas) por catro millóns de euros. A adquisición da empresa local perseguía relanzar o proxecto de construción dun forno crematorio en Pontevedra, no que Sempsa levaba traballando máis de seis anos.

Durante este tempo avanzaron na burocracia urbanística da parcela de 6.000 metros cadrados na que se pretende instalar a futura incineradora e que está situada detrás do cemiterio municipal de San Amaro.

Gran parte destes terreos eran chan rústico polo que foi necesario aprobar un plan de especial de infraestructuras, que tivo que superar ata tres informes negativos da Xunta. Con todo en regra, Funespaña tan só ten que tramitar a preceptiva licenza municipal para iniciar as obras.

A sociedade almeriense Funespaña prevé investir en Pontevedra 2,5 millóns de euros aos que hai que engadir os que equipamento.

O prazo de ejecución das obras terá unha duración máxima dun ano.