Moreira critica que os pontevedreses teñan que pagar "os preitos caprichosos de Lores contra Elnosa"

Pontevedra
29 de setembro 2017

O Concello de Pontevedra deberá pagar máis de mil euros das costas tras non admitirse a trámite o recurso presentado polo Goberno do BNG relativo á renovación da AAI a Elnosa

Jacobo Moreira no pleno do concello
Jacobo Moreira no pleno do concello / Mónica Patxot

O portavoz de grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, criticou este venres que o Concello de Pontevedra deberá pagar 1.105 euros tras non admitirse a trámite o recurso relativo á renovación da autorización ambiental integrada a Elnosa.

Moreira lamentou que os pontevedreses "pagan as costas dos preitos caprichosos de Lores contra Elnosa".

O voceiro do PP local considera que "estes cartos non debería saír das arcas municipais" xa que "se o BNG está empeñado en pechar as nosas empresas, debería ser o BNG o que pague cos seus cartos cando perde", engadiu.

O concelleiro popular salientou que "a política xudicial de Lores e o BNG contra Ence e Elnosa tan só ten como resultado a perda de beneficios para os veciños de Pontevedra".

Arquivado en