Ao Partido Popular non lle gusta a solución suscitada polo goberno municipal para regular a instalación de crematorios en Pontevedra. Di o seu portavoz, Jacobo Moreira, que se trata dun "engaño más" de BNG e PSdeG-PSOE, xa que abre a porta a que siga adiante un dos cinco proxectos presentados, o de Funespaña no cemiterio de San Mauro. Por iso é polo que anuncien o seu voto en contra á modificación puntual do PXOM.
Asegura que esta nova normativa "no es la misma" que se pactou no pleno municipal que acordou a suspensión cautelar de licenzas para este tipo de instalacións. Moreira recorda que entón se falou dunha franxa de protección duns 500 metros a calquera vivenda "e agora redúcese a só 50 metros", e subliña que esta modificación "non contenta a ninguén, nin aos veciños, nin ás empresas nin ao Partido Popular".
Jacobo Moreira insiste en que o PP non apoiará esta proposta "porque no es lo que quieren los vecinos y si a ellos no les gusta, a nosotros tampoco". Recorda ademais que a "única propuesta" que non recibiu ningún tipo de contestación social "fue la que realizamos desde el Partido Popular" e que suxería que a construción dun forno crematorio nunha das parcelas libres do polígono da Reigosa.
LOURO ACUSA AO PP DE "IRRESPONSABLES"
Ante esta postura, o concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, afirmou que "o nivel de irresponsabilidade que ten o PP non é de recibo" e lamentou que "élle igual calquera asunto para intentar desgastar ao goberno". Recordou que o asunto dos crematorios espertou hai un ano unha gran alarma social e que con esta modificación ordénase a normativa a este respecto, "e eles seguen instalados no de sempre".
Con respecto ao proxecto de Funespaña en San Mauro, Louro insistiu en que esta modificación non busca beneficiar a ningunha empresa en concreto, pero si apuntou que este crematorio cando comezou a súa tramitación non sufriu protestas veciñais nin se presentaron alegacións "porque as casas máis próximas a esta posible instalación estaban a 200 metros, cando a normativa suntuaria e mortuaria da Xunta fixa unha distancia de 50 metros".