Mil sinaturas e 650 alegacións piden un "non" á nova regulación dos crematorios

Pontevedra
28 de xaneiro 2014

Concluída esta fase de recolección de firmas e alegacións a Plataforma Non crematorios Pontevedra Leste espera que o Concello, "analice e examine escrupulosamente, atendendo ás peticións claras dos veciños de que non se instalen este tipo de industrias a menos de 500 metros das vivendas e non a 50 metros como eles sosteñen"  

Este martes expirou o prazo de entrega de alegacións á modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal para regular a instalación de crematorios no municipio. Unha modificación que segundo la Plataforma Non crematorios Pontevedra Leste "favorece a instalación dun crematorio á empresa multinacional Funespaña empresa controlada por Mapfre, a escasos 200 metros das vivendas", e que ten alcanzando a cifra de 650 alegacións.

Concluída esta fase de recolección de firmas e alegacións este colectivo veciñal espera que o Concello, "analice e examine escrupulosamente, atendendo ás peticións claras dos veciños de que non se instalen este tipo de industrias a menos de 500 metros das vivendas e non a 50 metros como eles sosteñen".

En canto ás firmas, a Plataforma Non crematorios Pontevedra Leste ten dúas frontes abertas, un coas firmas a pé de rúa onde xa alcanzaron as 947 sinaturas e outra fronte cunha petición aberta na web Change.org tamén dirixida ao Concello de Pontevedra onde xa teñen alcanzando as 715 firmas online.

"Con estas iniciativas queremos facelo chegar o palpable rexeitamento dos veciños e o tremendo erro que cometen os políticos de Pontevedra e en especial ao equipo de goberno formado por PSOE e BNG", afirman dende a Plataforma.

Estes cidadáns seguirán coas protestas na rúa como todos os xoves ás 20:30 horas nunha concentración-manifestación na rúa Juan Carlos I, ademais están "a preparar e ultimando unha manifestación trasladándonos ao centro de Pontevedra para o próximo mes, concentrándonos na Praza de España".