Marín pide desprazar o emisario fóra da costa e das praias

Marín
07 de novembro 2018

Ademáis solicita "a paralización da tramitación do Anteproxecto de construcción do novo emisario submarino, mentres non se aclare a futura ampliación da EDAR de Praceres"

Praia de Portocelo
Praia de Portocelo / Daniel Santomé

Tal e como anunciou no seu momento ante a mesa convocada para tratar do plan de saneamento local, o Concello de Marín presentou alegacións ao anteproxecto do novo emisario submarino que actualmente se atopa en exposición pública.

Por parte da alcaldía se fixo unha proposta que foi completada con aportacións dos grupos municipais e que pretende establecer unha serie de cuestións que foron trasladadas nas últimas reunión nas que se formou parte, tanto a nivel municipal como con Augas de Galicia.

Os planos reflectivos no anteproxecto desprazan o último tramo da ubicación do actual emisario, acercándose hacia as praias de Marín, en concreto máis cercana á costa á altura da praia de Portocelo e demáis zonas de baño das praias, configurándose prácticamente paralelo en todo o trazado proxectado e separándose no tramo final da saída do actual emisario.

O Concello de Marín sinala que "a dinámica do litoral é cambiante e os estudios que se aportan neste anteproxecto non son previsibles ó cen por cen", ao tratarse dun medio mariño que pode verse alterado por moitas circunstancias, "en concreto unha delas sería as propias actuacións que se leven a cabo na EDAR existente e que deben condicionar o novo emisario". 

Desde o Concello de Marín o primeiro que alegan e este anteproxecto é desprazar desde o punto de vista técnico e medioambiental "todo o que sexa posible este punto final do emisario submarino da nosa costa", garantizando a non afección das praias, "tendo en conta que na actualidade o emisario existente está afectando aos polígonos de bateas e cun impacto no borde litoral da illa de Tambo".

Así mesmo no Concello "creemos necesario que se leve a cabo a tramitación de declaración de impacto ambiental", aínda que non sexa preceptiva nos anexos da normativa medioambiental, pero "solicitamos que se realicen igualmente os trámites medioambientais precisos".

Ademáis solicita "a paralización da tramitación do anteproxecto de construcción do novo emisario submarino, mentres non se aclare a futura ampliación da EDAR de Placeres, xa que en dito anteproxecto de novo emisario diséñase para transportar as augas residuais tratadas na EDAR común dos concellos de Pontevedra, Marín, Poio e parte de Vilaboa".

DEPURADORA

O goberno local sinala que o saneamento do concello de Marín está construido e proxectado desde fai 30 anos en dirección a actual Estación Depuradora de Augas Residuais EDAR de Placeres. Así as depuradoras de Mogor e a de Loira deixaron de funcionar por non poder formar parte dun modelo de saneamento que o facía inviable.

Ademáis non existen emprazamentos viables polo que se sinala nas propias conclusións do Plan de Saneamento Local no que exponse que o Concello de Marín presenta unha orografía abrupta que dificulta o emprazamento dunha EDAR.