A planta de compostaxe da Canicouva centrará parte do debate do Pleno Municipal de Marín previsto para este venres 13 marzo.
A orde do día inclúe unha moción do BNG, rexistrada o pasado mes de xuño, que formula a adhesión de Marín á planta que impulsan conxuntamente Concello de Pontevedra e Deputación.
Segundo reflicte este texto o obxectivo pasa por lograr a compostaxe do 25% dos residuos sólidos do municipio antes do ano 2020.
"A planta de compostaxe provincial supón a oportunidade de reducir a incineración masiva de residuos que se realiza den Cerceda a través do sistema imposto pola Xunta, e ademais limitará os desprazamentos e os prexuízos medioambientais que supón transportar o lixo a centos de quilómetros de onde se produce", argumenta Pilar Branco.
A voceira nacionalista sinalou ademais que espera que "o PP sexa coherente e vote a favor desta adhesión, ao igual que o fixo no Xunta de Goberno e no Pleno da Deputación".