O CEIP da Laxe é o punto de recollida elixido para a campaña solidaria que se puxo en marcha en Marín para axudar ás vítimas do tráxico terremoto que sufriu Marrocos.
Será a Asociación de Mulleres Corazón Aberto e o propio centro escolar os que coordinen esta acción, coa que Marín que mostrar "todo o noso apoio á poboación marroquí que vive na nosa vila", segundo explicou a concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín.
Esta recollida vaise a facer en coordinación con varias comunidades islámicas de España.
O punto de recollida, o colexio da Laxe, é o centro que actualmente ten máis alumnado marroquí nas súas aulas. Alí poderán depositarse mantas, lanternas, placas solares, cueiros, tendas de campaña, carpas e productos similares para o frío.
O horario de recollida será de luns a xoves de 09:00 a 14:00 horas e os martes tamén de 16:00 a 19:00 horas.
Desde o Concello agradecen "enormemente" a colaboración das persoas que xa foron chamando nos últimos días para mostrar a súa disposición a axudar e animou á veciñanza a volcarse nesta recollida.
O cometido da administración municipal será facer que os productos recollidos cheguen ao seu destino.