Marea presentará unha queixa polas trabas para presentar alegacións contra a A-57

Pontevedra
25 de xaneiro 2019

O colectivo cidadá insiste na súa postura de que esta autovía supón un "atentado ambiental" e un custo "infinitamente maior" que rescatar para o público a autopista AP-9 e liberala da súa peaxe

Xuntanza de Marea Pontevedra con algúns afectados das parroquias de Xeve, Bora e Marcón
Xuntanza de Marea Pontevedra con algúns afectados das parroquias de Xeve, Bora e Marcón / Marea Pontevedra

Marea Pontevedra anunciou que rexistrará un escrito de queixa polas trabas que sofren os veciños afectados pola autovía A-57 para presentar as alegacións nos rexistros da Deputación de Pontevedra e nos do Ministerio de Fomento.

O colectivo cidadá insiste na súa postura de que esta autovía supón un "atentado ambiental" e un custo "infinitamente maior" que rescatar para o público a autopista AP-9 e liberala da súa peaxe. É ademáis, en palabras do concelleiro Luís Rei, "unha coitelada definitiva ao rural pontevedrés".

Marea Pontevedra critica que os rexistros do Ministerio de Fomento e da Deputación de Pontevedra poñan "impedimentos", limitando a presentación de alegacións a un máximo de 10 por persoa e día, segundo denunciaron os propios afectados. "Resulta incomprensible esta actuación, pois a propia administración non está cumprindo a lei de procedemento administrativo común", din.

Marea Pontevedra mantivo este xoves unha xuntanza con algúns afectados das parroquias de Xeve, Bora e Marcón, na que esta formación política comprometeuse a "camiñar do lado da veciñanza para sumar forzas contra esta desfeita" na que segundo o voceiro de Marea e candidato á alcaldía, Luís Rei, "Fomento do PP e do PSOE e o Bloque de Lores van xuntos neste ataque contra Pontevedra".

 

Arquivado en