Marea Pontevedra ven de presentar unha moción co obxectivo de recuperar as concesións da institución provincial nos terreos da Xunqueira de Alba. O encargado de defendela, con case toda seguridade no próximo pleno, será o deputado da Marea de Vigo, Xosé Luís Jácome.
Para Marea Pontevedra o grande hábitat conformado polo espazo marítimo intermareal da Ría de Pontevedra "non pode seguir sendo agredido nin urbanística nin paisaxística nin ambientalmente". A esto ingaden "a presión de múltiples infraestruturas" co "consentimento, cando non coa participación directa", do Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Concello de Pontevedra.
A imprenta provincial, o parque de maquinaria da Deputación, o parque móbil de ministerios, a xefatura de Tráfico, entre outras, "que debían dar exemplo trasladándose a lugares máis axeitados".
Marea Pontevedra propón que a Deputación "renuncie expresamente a pedir unha ampliación da concesión dos terreos que actualmente ocupan a imprenta provincial e o parque de maquinaria".
Ademais solicita que a Deputación comprométase a "desmantelar esas instalacións e trasladalas a un lugar menos daniño ambientalmente".
A moción da Marea Pontevedra tamén insta á Deputación a colaborar co Concello de Pontevedra no deseño e desenvolvemento dun plan que permita ampliar os 483.000 metros cadrados polos que se estende a Xunqueira de Alba coa suma dos 170.000 metros cadrados ocupados por concesións públicas.