Marcón aproba por unanimidade o proxecto do parque forestal da Fracha

Pontevedra
07 de novembro 2016

A Asemblea tamén aprobou a recuperación ambiental de Monte Carrasco e os comuneiros tamén autorizaron a cesión de terreos para construír un novo depósito de auga para o abastecemento da traída do lugar de Pintos xa que os depósitos actuais están afectados polas obras da autovía A-57

Lúa saíndo polo monte da Fracha
Lúa saíndo polo monte da Fracha / Pintafontes Senapelido

A asemblea da comunidade de montes de Marcón aprobou por unanimidade o proxecto do parque forestal da Fracha que promove o Concello de Pontevedra xunto aos comuneiros de Tomeza e A Canicouva.

A asemblea tamén aprobou a recuperación ambiental de Monte Carrasco. 

Descartado xa o Hospital de Monte Carrasco, agora a idea é aproveitar a construción da Rolda Este de acceso a Montecelo para encher coa terra sobrante os terreos do Carrasco que actualmente se atopan moi degradados tras o desterre efectuado no seu día para os recheos do Porto de Marín.

Os comuneiros tamén autorizaron a cesión de terreos para construír un novo depósito de auga para o abastecemento da traída do lugar de Pintos xa que os depósitos actuais están afectados polas obras da autovía A-57.

Arquivado en