Mantense a situación de prealerta pola seca porque o caudal do Lérez segue baixo

Pontevedra
28 de setembro 2022

O Concello de Pontevedra volveu celebrar este mércores unha reunión pola seca na que participaron os concellos que captan do sistema de abastecemento de Pontevedra, máis Augas de Galicia

Río Lérez á altura da ponte dos Tirantes
Río Lérez á altura da ponte dos Tirantes / PontevedraViva

O Concello de Pontevedra volveu celebrar este mércores unha reunión pola seca na que participaron os concellos que captan do sistema de abastecemento de Pontevedra, máis Augas de Galicia.

A concelleira responsable do Ciclo da Auga, Carme da Silva, explicou que se mantén a situación de prealerta, dado que o caudal do río está en 1,759 metros cúbicos por segundo, por debaixo de 1,8 m3/s, considerado nivel de normalidade.

O encoro de Pontillón do Castro continúa pechado para manterse como reserva e a día de hoxe está unha porcentaxe do 82,10%.

Carme da Silva tamén indicou que se manteñen estables os consumos dos distintos concellos que se abastecen do sistema, logo de pasar os picos estacionais do verán. De feito, o consumo medio é de 30.946 metros cúbicos.

Mantense a situación de prealerta "porque o caudal está por debaixo do 1,8 m3/s", explicaba Carmen da Silva, quen recordou que "cada episodio de chuvia amosa que o río baixa un pouquiño menos".

"Agardamos que vaia facendo isto cada vez que vén unha borrasca ou se estabilice a situación meteorolóxica do outono, e o mínimo do río se fixe un caudal de normalidade", engadiu.

Arquivado en