Luz verde a unha nova empresa no Parque da Reigosa

Ponte Caldelas
27 de marzo 2013

O goberno local de Ponte Caldelas ven de conceder licenza de obras e actividade á empresa Félix e Viñas, S.L., para a construción da súa nova nave na parcela nº 28 do Parque Empresarial da Reigosa que ten unha superficie total de 2.319 m

Imaxe aérea do Poligono do Campiño - A Reigosa
Imaxe aérea do Poligono do Campiño - A Reigosa

O goberno local de Ponte Caldelas ven de conceder licenza de obras e actividade á empresa Félix e Viñas, S.L., para a construción da súa nova nave na parcela nº 28 do Parque Empresarial da Reigosa que ten unha superficie total de 2.319 m2.

Trátase dunha nave de 750 m2 coa que Félix e Viñas, S. L. pretende a modernización desta empresa dedicada ás instalacións e montaxes eléctricas en alta e baixa tensión.

O alcalde, Perfecto Rodríguez, recorda que das 49 parcelas que ten o parque empresarial da Reigosa hai 23 vendidas e dúas reservadas. Desas 23 hai construídas ou en construción 11 naves (incluída a de Félix e Viñas) que ocupan un total de 13 parcelas (algunha nave ocupa dúas parcelas).

Perfecto Rodríguez é consciente que a situación económica está impedindo que algunhas empresas que adquiriron a parcela poidan afrontar a construción da nave, especialmente por problemas de financiamento.

"Espero que aos poucos outras empresas comecen neste ano a construción das súas naves e nuns anos o parque empresarial da Reigosa poida converterse nun motor de actividade empresarial e industrial e o que é máis importante tamén de xeración de emprego", dixo o rexedor.

Arquivado en