O concelleiro de Urbanismo en Pontevedra, e alcalde accidental, Antón Louro, saíu ao paso das declaracións verquidas polas empresas Pompas Fúnebres Pontevedra S.L. e Alianza y Barros S.A. nas que o acusan de "frear os crematorios para favorecer a Funespaña". Louro calificou esta acusación de "gran mentira e infamia".
Antón Louro sinalou coma "pouco afortunado" o escrito destas dúas empresas e lembrou que "en Pontevedra vivimos unha situación de alarma social hai uns meses derivada da coexistencia de cinco proxectos de forno crematorio" polo que o Concello procedeu a suspensión cautelar de licencias para modificar puntualmente o Plan Xeral para regular esta situación.
A suspención cautelar foi ratificada polo Xulgado Concencioso adminsitrativo e recentemente a Xunta eximiu da Avaliación ambiental estratéxica para este proceso recoñecendo a existencia desta "alarma social" e mesmo o "baleiro legal" por parte da administración local.
Louro lembrou que cando o Pleno do Concello deu o visto bó "por unanimidade" o proxecto de Funespaña, el nin sequera era concelleiro, e por outra banda no seu período de alegacións ese proxecto de crematorio non tivo alegacións.
O anteproxecto da modificación do PXOM para regular o uso de crematorio autorizaría a construcción deste tipo de fornos en cemiterios, polígonos industriais e suelo rústico previo plan de urbanización, "polo tanto hai moitos espazos no municipio onde se pode realizar este tipo de instalación o cal abre o campo a libre competencia" responde Louro.