Louro sopesa a suspensión cautelar de licenzas para crematorios

Pontevedra
06 de novembro 2012

O concelleiro de Urbanismo e alcalde accidental do concello de Pontevedra, Antón Louro, está valorando moi seriamente a "suspender cautelarmente a concesión de licencias para crematorios". Así o informou o gabinete de comuniciación do Concello que precisou que a suspensión "non afectaría aos tanatorios xa que sería só para os crematorios".

Antón Louro, concejal de Urbanismo
Antón Louro, concejal de Urbanismo / PontevedraViva

O concelleiro de Urbanismo e alcalde accidental do concello de Pontevedra, Antón Louro, está valorando moi seriamente a "suspender cautelarmente a concesión de licencias para crematorios". Así o informou o gabinete de comuniciación do Concello que precisou que a suspensión "non afectaría aos tanatorios xa que sería só para os crematorios".

Trátase dun mecanismo extraordinario que permite a lei para proceder a modificación do articulado do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que é do ano 1989, para regular o uso dos crematorios no solo urbano e no medio rural.

Esta decisión é froito dunha serie de consultas cos servizos técnicos municipais de urbanismo e xurídicos que propuxeron esta fórmula como "a vía máis áxil de todas as posibles". Desde logo moito máis eficaz que unha ordenanza que non permite a suspensión inmediata das licenzas.

Dase ademáis outra circunstancia a modificación do PXOM requeriría dun informe previo e da aprobación definitiva por parte da Xunta.

Agárdase que a decisión definitiva do Concello chegue esta mesma semana

A decisión de Louro está sen pechar xa que o asunto é "complexísimo" e as tramitacións dos proxectos das diferentes empresas funerarias son diferentes e algunhas están máis avanzadas que outras. Agárdase que a decisión definitiva do Concello chegue esta mesma semana.

Pola súa banda o PP ofrécese para buscar unha saída á crise dos crematorios ante un Concello "desbordado".

Esa é a denuncia que fai o voceiro do Partido Popular, Jacobo Moreira. De aí que se ofreza publicamente para participar na busca dunha saída a este conflito "para acabar coa imaxe de total desconcerto que está a transmitir o goberno".

O PP ofrécese para buscar unha saída á crise dos crematorios

Jacobo Moreira considera "totalmente ridículo e vergonzoso" que Antón Louro como concelleiro de Urbanismo descoñecera durante varios días que xa se tiña presentado no Concello o proxecto que dúas empresas anunciaron para unha parcela entre as rúas do Arcebispo Malvar e a Avenida de Uruguai, e lembrou que o seu grupo propuxo a aprobación inmediata dunha ordenanza que regulara a instalación destes  crematorios.

Reiterou ademais o convencemento do PP de que o conflito dos crematorios está "directamente ligado ao actual déficit de solo para equipamentos ao que está condenada a cidade" pola decisión municipal de non redactar un novo PXOM. "O Concello é soberano en materia urbanística, pero hoxe está a renunciar ao seu principal papel como xestor do futuro da cidade", indicou Moreira.

Sobre a idea xurdida de propoñer ás empresas que se poñan de acordo para concentrar a actividade nunha única instalación crematorio, o voceiro popular considerouna unha "ocorrencia propia do devandito desconcerto" do goberno municipal. "Non sei o estudada que estará a proposta, pero supoño que terá en conta que á iniciativa privada só se lle poden poñer os límites que marca a lei e hai que preservar a libre competencia".