Louro acusa o Partido Popular de mentir na polémica regulación dos crematorios

Pontevedra
24 de marzo 2014

O concelleiro de urbanismo de Pontevedra, Antón Louro, cre que o Partido Popular se está "a lavar as mans" ao renunciar a regular as distancias mínimas de separación entre os crematorios e as vivendas. Segundo adiantou o PP na cámara galega o decreto de policía mortuoria que prepara o Goberno galego deixa esta cuestión en mans dos concellos

Antón Louro, concejal de urbanismo de Pontevedra /

O concelleiro de urbanismo de Pontevedra, Antón Louro, cre que o Partido Popular se está "a lavar as mans" ao renunciar a regular as distancias mínimas de separación entre os crematorios e as vivendas. Segundo adiantou o PP na cámara galega o decreto de policía mortuoria que prepara o Goberno galego deixa esta cuestión en mans dos concellos.

Pola contra, o concelleiro socialista entende que debe ser Xunta a que dite unha norma xeral para toda Galicia, "non é que se laven ás máns e que minte para confundir", afirma Louro.

"As competencias en materia urbanística e medio ambiental son da comunidade autónoma e non do Concello de Pontevedra", entende o responsable municipal de urbanismo. "Os concellos de Galicia teñen certas competencias delegadas pero en última instancia quen aproba definitivamente un expediente destas características e a Xunta de Galicia, que é a quen lle corresponde actuar, o demáis e darlle voltas para non ir a ningunha parte".

Segundo os populares "as distancias mínimas deben analizarse caso por caso, segundo as características de cada proxecto".

Recorda Antón Louro que "no ano 2009 o Partido Popular, e Jacobo Moreira en particular, votaron a favor dun Plan de Infraestruturas e Dotacións do Concello de Pontevedra para zonificar un espazo para equipar un determinado tipo de instalacións", e subliña o responsable de urbanismo, "se votou a favor comprometeu ao concello de Pontevedra" polo que "un concello non pode ir en contra dous seus actos".

Louro insiste na necesidade de reformar o regulamento autonómico de policía sanitaria e mortuoria para que estableza un marco legal para toda Galicia.