Lores presentará no Museo Reina Sofía o congreso de urbanismo que a Boa Vila acollerá en setembro

Pontevedra
01 de xullo 2022

O vindeiro xoves día 7 de xullo o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández presentará no Museo Reina Sofía o congreso de urbanismo e recuperación do espazo público Placemaking Week Europe que a Boa Vila acollerá a partir do 27 de setembro

Museo Reina Sofía
Museo Reina Sofía /

O vindeiro xoves día 7 de xullo o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández presentará no Museo Reina Sofía o congreso de urbanismo e recuperación do espazo público Placemaking Week Europe que a Boa Vila acollerá a partir do 27 de setembro.

Trátase dun evento que reunirá a uns 400 expertos, na súa maior parte europeos e un 20 % procedentes de Estados Unidos e África.

Nesa presentación en Madrid, Lores estará acompañado pola concelleira de Promoción da cidade, Anabel Gulías; o director da Fundación Placemaking Europe, Ramón Marrades; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira. O acto será presentado pola xornalista Ana Pardo de Vera.

Para Pontevedra, a Placemaking Week, segundo dixo Anabel Gulías, "é un evento que debe ter unha relevancia a nivel galego e entendiamos que unha forma de publicitalo era trasladándonos a Madrid" elixindo este museo "emblemático" para "atraer a cantas máis persoas á cidade" para asistir a este encontro internacional. 

Ademais de avanzar na referencialidad internacional de Pontevedra, a cita de setembro atraerá a numerosos visitantes e a persoas expertas no espazo público, polo que supón todo un reto para o Concello de Pontevedra, que xa traballa na preparación. Aquí enmárcase o encontro celebrado este venres cos patrocinadores (Efímera, Edigal, Setga, Cristalería, CIFP Carlos Oroza, Viaqua, Mancomunidade do Salnés e Asociación de empresas Pont Up Store, Deleite e a Asocaición de Hostaleiros de Pontevedra).

A intención de todos eles é "converter a Placemaking Week nun escaparate do talento empresarial da cidade" e tamén "un exemplo de políticas públicas para facer cidades mellores", segundo incidiu Anabel Gulías.

 

Arquivado en