Lores: "Hai xente dedicada a bombardear a planta de compostaxe. Non o podo entender"

Pontevedra
23 de outubro 2014

O Concello de Pontevedra tomarase todo o tempo que sexa necesario para decidir a mellor ubicación para a pretendida planta de compostaxe. "ÿ un tema suficientemente importante como para tratalo con seriedade", afirmou este xoves o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quen mostrou o seu descontento coas "actitudes demagóxicas" que están adoptando, particularmente, os concelleiros do grupo municipal do PP

Rafael Louzán e Miguel Anxo Fernández Lores
Rafael Louzán e Miguel Anxo Fernández Lores / Mónica Patxot

O Concello de Pontevedra tomarase todo o tempo que sexa necesario para decidir a mellor ubicación para a pretendida planta de compostaxe. "ÿ un tema suficientemente importante como para tratalo con seriedade", afirmou este xoves o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quen mostrou o seu descontento coas "actitudes demagóxicas" que están adoptando, particularmente, os concelleiros do grupo municipal do PP.

"Hai xente dedicada a bombardear a planta de compostaxe. Non o podo entender", afirmou Fernández Lores, xa que recordou que todos os partidos apostaron publicamente por este modelo de xestión dos residuos orgánicos e ata se presentaron iniciativas no Parlamento autonómico. E menos, dixo, cando o que existe en Pontevedra é o "inicio" dun proxecto, posto en marcha pola vontade política de Concello e Deputación.

O alcalde acusou aos populares de non ter "interese algún" en presentar alternativas ou apoiar este proxecto e lamentou que toda a polémica que se está xerando en torno á súa posible instalación nunha ou outra parroquia "vai en contra de que os cidadáns se tomen en serio este asunto". Por iso é polo que insista en pedir que "sexamos serios" e que tanto os partidos políticos como os colectivos vecinales "arrimemos a brasa" para impulsar este proxecto.

Fernández Lores recoñeceu que a súa ubicación "pode ser conflictiva" e por iso non é partidario de ir desvelando as alternativas que se estudan porque "se cada vez que se di unha vamos a bravear a todo o mundo, será negativo". O goberno municipal, que insiste en que non hai nada decidido, opta por estudar "ben" todas as ofertas e, sobre todo, esperar ao plan de viabilidade que encargou a Deputación, porque este pode limitar as opcións que se barallen.

Neste mesmo sentido, o presidente da Deputación de Pontevedra e do PP provincial, Rafael Louzán, recordou que o proxecto para construír unha planta de compostaxe en Pontevedra está "pendente do estudo de viabilidade adxudicado á empresa Lagares Oca".

Louzán pediu que deixe de utilizarse o tema da planta de compostaxe como "arma política"

Este estudo determinará as características que deben ter os terreos susceptibles de acoller a planta de compostaxe que xestionará e tratará os residuos de 21 concellos da provincia, ademais dos da capital. Para iso a empresa ten un prazo máximo de catro meses, a contar desde principios deste mes de outubro.

Será este informe técnico o que especifique que tecnoloxía terá que utilizarse ou que capacidade de tratamento así como a análise de gastos e ingresos da planta. Louzán admitiu, iso si, que se Lagares Oca coñecese a ubicación dos terreos para construír a planta "o vai ter un pouco máis claro e iso sería bo". En todo caso, sinalou que non é unha condición imprescindible.

O PP LOCAL ESIXE COÿECER A FUTURA UBICACIÿN

Esta defensa do proxecto da planta de compostaxe, realizada este xoves por Miguel Anxo Fernández Lores e Rafael Louzán, produciuse instantes despois dunha roda de prensa protagonizada polo concelleiro do PP, César Abal, na que reclamou ao alcalde capitalino que diga "de una vez por todas" onde ten pensado instalar esta planta e deixe de "jugar a la ruleta rusa" coas parroquias do rural pontevedrés.

Afirma que tras descartar Campañó, Alba ou Verducido, "aún hay doce parroquias que están en vilo", xa que César Abal asegurou que están xerando un "nerviosismo innecesario" entre os veciños. Neste sentido, sinalou que non se coñecen os criterios que se están seguindo para buscar os terreos nin a tecnoloxía que empregará esta planta; e reiterou que a postura do PP local será apoiar a súa construción "siempre que haya un amplio consenso vecinal".

Malia estas declaracións, o edil popular non quixo aclarar en que parroquias do rural ou que colectivos mostraron ao PP dita preocupación e recoñeceu que tampouco se dirixiron á Deputación, que impulsa esta planta xunto co Concello e da que depende o seu estudo técnico e de viabilidade, para tratar de resolver as dúbidas que lles xera este proxecto.

Arquivado en