A Deputación de Pontevedra adxudicou á empresa Lagares Oca, pola cantidade de 43.560 euros, o estudio de viabilidade dunha planta de compostaxe en Pontevedra para 21 concellos da provincia e o propio Concello capitalino.
Esta adxudicación é o compromiso adquirido pola institución provincial no convenio asinado no seu día co Concello de Pontevedra. Pola súa banda, o concello pontevedrés comprometeuse a buscar unha ubicación e a poñer a disposición os terreos precisos para a futura construcción da citada planta.
O estudio de viabilidade deberá estar presentado no prazo de catro meses. Deberá determinar, entre outros aspectos, a tecnoloxía máis apropiada para a planta, a capacidade de tratamento idónea, a man de obra necesaria, un estudio de localización e outro ambiental, e un estudio de análise de gastos e ingresos da planta.
RECOLLIDA PROVINCIAL DE LIXO
En relación con este asunto, colateral co Consorcio Provincial de Recollida de Lixo, Louzán sinalou este venres na rolda de prensa posterior á xunta de goberno que esta fin de semana remata o prazo para que as empresas interesadas en presentar as súas propostas para xestionar a citada recollida de lixo en 21 concellos da provincia, poidan facelo.
Según explicou, concurrirán ao concurso varias importantes empresas de Galicia e de España.