Nova vida para a contorna da capela de San Amaro de Arra. O Concello porao en valor cun proxecto de humanización que mellore a súa urbanización.
O orzamento estimado da obra é de 276.739 euros cun prazo de execución é de 3 meses.
O obxectivo desta actuación é potenciar este núcleo antigo de poboación, que ten gran valor patrimonial.
A capela de San Amaro é unha xoia arquitectónica da baixa Idade Media e a escasos metros, atópase o Priorado de Arra que, no seu día, foi vivenda duns monxes benedictinos relacionados co Mosteiro de Armenteira e no que se investiron preto de 400.000 euros na súa rehabilitación.
A actuación mellorará a seguridade viaria na zona e embelecerá a contorna.
Na actualidade pódese apreciar o mal estado do firme, así como as acometidas aéreas de telefonía e de electricidade.
As actuacións proxectadas terán como obxectivo mellorar o pavimento existente da zona, soterrar os cables aéreos de electricidade e telefonía e mellorar a iluminación nocturna da contorna da capela e dos viarios de acceso.
Conservaranse os niveis orixinais das rúas, para o que haberá que picar e levantar o pavimento existente, cajearlas para posteriormente, encher, compactar, abrir as gabias e terminar colocando o novo pavimento segundo cada caso, mantendo os desniveis e rasantes actuais.