O goberno tripartito do Concello de Ponte Caldelas está rematando de instalar 120 puntos de información veciñal (PIV), uns paneis que servirán de soportes informativos, que contribuirán a "estreitar a relación entre os veciños".
Os paneis proporcionarán aos cidadáns un espazo gratuíto para colocar calquera tipo de aviso, necrolóxica ou notificación, sen necesidade de ningún permiso. A única condición é que a información sexa de interese para a comunidade e non conteña publicidade de empresas ou particulares, nin mensaxes inapropiadas.
A súa adquisición efectuouse ante a necesidade de reforzar a información, sobre todo no rural, da multitude de actividades veciñais que lévanse a cabo no Concello, e para evitar a colocación de anuncios no mobiliario público e nos muros.
Os operarios municipais situaron estes paneis de maneira que non produzan ningún impacto visual sobre a paisaxe ou os elementos patrimoniais.