Inician a rehabilitación do muíño de Xián en Dorrón

Sanxenxo
29 de xaneiro 2017

O primeiro dos muíños que serán rehabilitados en Sanxenxo pola Mancomunidade do Salnés xa está en obras. Os alumnos do obradoiro de emprego, acompañados do equipo directivo deste programa, iniciaron estes traballos en Dorrón

Traballos de recuperación do muíño de Xián, en Dorrón
Traballos de recuperación do muíño de Xián, en Dorrón / Concello de Sanxenxo

O primeiro dos muíños que serán rehabilitados en Sanxenxo pola Mancomunidade do Salnés xa está en obras. Os alumnos do obradoiro de emprego, acompañados do equipo directivo deste programa, iniciaron estes traballos en Dorrón.

Os alumnos-traballadores procederán á recomposición das paredes e á dotación de cuberta no muíño, coñecido como o de Xián, así como dos elementos interiores que garantan o seu bo funcionamento e que foron desaparecendo debido á proximidade desta edificación coa estrada.

Na recuperación do muíño de Xián participan un total de vinte alumnos nas modalidades de albañilería, carpintería e xardinería, que ata a finalización deste taller formativo iranse desprazando para recuperar os cinco muíños de Dorrón e Bordóns incluídos no proxecto aprobado e financiado pola Xunta de Galicia.

O Concello de Sanxenxo asume a achega de material, tal como pedra ou madeira, que no caso do primeiro muíño atópase xa en obra para facilitar o avance dos traballos.

A actuación debe contemplar en primeiro lugar un acondicionamento do terreo para poder acceder a unhas edificacións que, na maioría dos casos, conservan o máis básico da súa estrutura e carecen de cuberta.

Con todo, a intención do goberno local é non só rehabilitalos senón devolverlles a operatividade, de forma que mesmo poidan chegar a converterse en elementos didácticos que permitan a quen os visite coñecer como se moía neles, como se distribuían as quendas de uso ou os métodos de pago polo arrendamento do muíño. 

A pretensión do goberno local é actuar sobre dous muíños en Dorrón, coñecidos como O de Felipe e O de Xián ou Barreiro e outros tres en Aldariz, Bordóns; dando así continuidade a unha ruta xa existente na que hai dous muíños rehabilitados e operativos, o de Costa e o de Quintáns.