Ingresan os 1.108 euros recadados no mercadiño solidario na conta para os damnificados dos incendios

Ponte Caldelas
06 de novembro 2017

O Concello de Ponte Caldelas expresou o seu agradecemento

O incendio de Ponte Caldelas arrasou a casa de Elena e Harry na Insua
O incendio de Ponte Caldelas arrasou a casa de Elena e Harry na Insua / PontevedraViva

O Concello de Ponte Caldelas expresou o seu agradecemento á Asociación de Veciños de Pazos de Borbén, ás persoas voluntarias que atenderon ao público e a os doantes de roupa e produtos que se puxeron á venda durante o mercadiño solidario celebrado no pavillón municipal durante o pasado sábado, día 28 de outubro.

A iniciativa, na que se vendeu fundamentalmente roupa, pero tamén outro tipo de obxectos como mobles, menaxe ou mesmo tarros de mel doados por un produtor local, logrou recadar 1.108,15 euros. A cantidade está xa ingresada na conta solidaria que puxo en marcha o Concello coa colaboración de Cáritas.

A conta solidaria de Ponte Caldelas será utilizada polo Concello, a principios do ano próximo, para chegar alá onde as axudas oficiais non cheguen. 

Arquivado en