Ingresan en prisión tres veciños do Vao detidos na última operación policial antidroga

Vilaboa
15 de febreiro 2019
Actualizado: 17:34

A Policía Nacional dá por desarticulado no marco da operación  Gepetto un grupo criminal dedicado á recepción e distribución de drogas nos poboados marxinais de Galicia. Incautaron 1.072 gramos de heroína, 1.073 gramos de cocaína, 12.072 gramos de haxix e 1.295 gramos de substancia de corte 

Droga intervida na operación Gepetto Policía Nacional

O Xulgado de Instrución número 3 de Cangas do Morrazo decretou este venres o ingreso en prisión de tres veciños do Vao detidos na última operación antidroga desenvolta esta semana pola Policía Nacional contra un grupo criminal dedicado á recepción e distribución de drogas nos poboados marxinais de Galicia. 

O operativo, bautizado 'Gepetto', pechouse con cinco rexistros domiciliarios, a intervención de diversas cantidades de heroína, cocaína, haxix e substancia de corte e a detención de nove persoas. Seis deses nove pasaron a disposición xudicial este venres e tres deles, os tres veciños do Vao, ingresaron en prisión

Segundo a información facilitada polo Tribunal Superior de  Xustiza de Galicia (TSXG), das seis persoas que pasaron a disposición xudicial este venres, tres ingresaron en prisión provisional comunicada e sen fianza e as outras tres quedaron en liberdade coa obrigación de comparecer no xulgado cada 15 días. Ademais, a eses tres retiróuselles o pasaporte e prohíbeselle saír de España. A todos eles atribúeselles os delitos de tráfico de drogas e pertenza a organización criminal

A operación realizárona axentes da Policía Nacional e a Axencia Tributaria, que deron por desarticulado un grupo criminal especialmente activo no que tiña moito peso un coñecido patriarca do poboado do Vao de Arriba coñecido como 'El Sevilla'. Tanto el como o seu fillo han ingreso en prisión. 

Os axentes policiais efectuaron rexistros domiciliarios no poboado do Vao, Vilaboa, outro punto de Poio e Sanxenxo e incautaron 1.072 gramos de heroína, 1.073 gramos de cocaína, 12.072 gramos de haxix e 1.295 gramos de substancia de corte.

A investigación iniciouse hai uns meses cando os axentes policiais detectaron unha compra de haxix no Campo de Xibraltar por parte dun individuo afincado na zona de Sanxenxo e o s axentes policiais detectaron unha compra de haxix no Campo de Xibraltar por parte dun individuo afincado na zona de Sanxenxo determinaron que a adquiría para a súa posterior venda en Galicia. Froito das investigacións realizadas, descubriuse que este individuo mantiña unha gran vinculación cun distribuidor de heroína no poboado do Vao que resultou ser 'O Sevilla'. 

Grazas ás pescudas dos axentes ese individuo sobre o que empezaron as investigacións foi detido o pasado sábado mentres circulaba co seu vehículo. Levaba encima un quilo de cocaína e coa súa detención desencadeouse o inicio da operación ' Gepetto'.

Na investigación tivo gran protagonismo o grupo de tráfico medio de estupefacientes da Comisaría de Pontevedra e para o desenvolvemento do dispositivo contouse co apoio de varias unidades da Policía Nacional, entre elas os  GOES (Grupo de Operacións Especiais), UIP, Guías Caninos, o servizo de helicóptero, o GOR da Comisaría de Pontevedra.