Franco segue presente en Pontevedra, ata cando?

Pontevedra
19 de novembro 2012

A Asociación A Revira reclama a retirada dos derradeiros símbolos franquistas situados en distintas rúas de Pontevedra ao considerar que se trata dun acto de "hixiene democrática" e de cumprimento da Lei de Memoria Histórica

Símbolo franquista na esquina entre Fray Juan de Navarrete e Sagasta
Símbolo franquista na esquina entre Fray Juan de Navarrete e Sagasta / PontevedraViva

37 anos despois da morte do ditador Francisco Franco, aínda quedan restos do seu réxime en Pontevedra. La asociación pontevedresa A Revira presentará este martes 20 de novembro un escrito no rexistro do Concello no que solicita a retirada de catro símbolos situados nas rúas da cidade. Este colectivo considera que é un acto de "hixiene democrática" e de cumpliento da Lei da Memoria Histórica.

Segundo A Revira, aínda perduran diversas placas con símbolos franquistas da Delegación Nacional de Sindicatos. A de maior dimensión encóntrase situada na rúa Santa Clara nas antigas casas sindicais. Outra das máis rechamantes é un relevo escultórico na rúa Michelena no que se pode ler Una, grande y libre.

A asociación sinala que Pontevedra conta con poucos símbolos desta etapa en comparación con outras urbes galegas.

A Revira organizará o próximo 6 de decembro un percorrido urbano sobre a representación franquista na cidade.