Francisco Barbeito, fundador de Cristalería Pontevedresa, recoñecido por AJE co seu premio honorífico

Pontevedra
19 de outubro 2018

O presidente de Aje Pontevedra, Pablo Fernández, explicou este venres a importancia de Francisco Barbeito dentro do panorama empresarial e industrial galego, destacando que "casos como estos son los que demuestran que la constancia y el trabajo acaba dando sus frutos"

Francisco Barbeito cos membros da directiva de AJE Pontevedra
Francisco Barbeito cos membros da directiva de AJE Pontevedra / PontevedraViva

Francisco Barbeito Castro será galardoado por AJE Pontevedra co seu premio honorífico en recoñecemento á súa dilatada traxectoria á fronte do fabricante de vidro técnico Pontevedresa Group, compañía que fundou en 1958 baixo a denominación Cristalería Pontevedresa S.A.

O presidente de AJE Pontevedra, Pablo Fernández, explicou este venres a importancia de Francisco Barbeito dentro do panorama empresarial e industrial galego, destacando que "casos como estos son los que demuestran que la constancia y el trabajo acaba dando sus frutos".

Pola súa banda, o empresario agradeceu a AJE este premio e desvelou aos xornalistas que "la clave del éxito es: ser uno mismo, aprender diariamente, hacer lo que te gusta y trabajo".

Barbeito, con 90 anos de idade, lembrou que foi "un compadre mío me convenció de que una cristalería era un buen negocio". Así empezou cun taller de vidro con 40 metros cadrados situado na rúa Serra no que a súa muller encargábase de facer os espellos.

Debido ao ruído que xeraba o negocio viuse obrigado a trasladarse a outra instalación montando unha nave en Santa Margarida "que tenía una cancha de tenis en la terraza en la que solían venir los vecinos a jugar". Hoxe admite que aquela instalación non contaba con licenza municipal aínda que o concello consentiu a súa actividade.

Cos anos foi denunciado por aquela obra e hoxe a compañía, con 70 empregados, conta con dous centros produtivos no polígono da Reigosa de máis de 20.000 metros cadrados dotados das últimas tecnoloxías, sendo practicamente a única empresa no sur de Europa capaz de fabricar vidro tépedo ultralixeiro de tan só tres milímetros. Un fito que dá continuidade ao seu liderado na categoría de vidro tépedo, xa que en 1988 foi o primeiro fabricante no norte de España en implantar un forno de vidro tépedo.

A piques de cumprir este novembro 60 anos e coa terceira xeración familiar traballando na empresa, Pontevedresa Group é hoxe o fabricante multisectorial de vidro máis antigo de España.

Francisco Barbeito sinalou que desde os seus inicios, a súa empresa destacou polo seu afán de introducir novas técnicas de fabricación e ademais, o seu modelo de expansión permitiulle ampliar a súa carteira a máis de 5.000 clientes, repartidos por Europa, América Latina, África e Oriente Medio.

"Una cosa que siempre me gustó es sacarle tajada a empresas de otros sitios para traerla a Pontevedra", chanceou Barbeito quen, curiosamente, gravou un disco no que canta boleros. 

Arquivado en