Fomento contempla dúas alternativas para o tramo A Ermida-Pilarteiros da autovía A-57

Pontevedra
13 de decembro 2018

Dous trazados diferentes. Son as alternativas que baralla o Ministerio de Fomento para o segundo tramo da autovía A-57, que unirá os lugares da Ermida (Marcón) e Pilarteiros (Xeve), no municipio de Pontevedra

Obras da Autovía A-57 en Marcón
Obras da Autovía A-57 en Marcón / Diego Torrado

Dous trazados diferentes. Son as alternativas que baralla o Ministerio de Fomento para o segundo tramo da autovía A-57, que unirá os lugares da Ermida (Marcón) e Pilarteiros (Xeve), no municipio de Pontevedra.

O Boletín Oficial do Estado, tras a publicación do documento técnico este xoves, somete a información pública o proxecto e o seu estudo de impacto ambiental.

O documento contempla, ademais da alternativa seleccionada no estudo informativo, unha alternativa máis exterior, atendendo así as peticións de varias entidades locais.

Dada a viabilidade de ambas as alternativas, Fomento recolle o trazado de cada unha no procedemento de información pública.

A lonxitude da alternativa 1 é de 5.04 quilómetros cun orzamento, IVE incluído, de 100.15 millóns de euros e a lonxitude da alternativa 2 é de 6.35 quilómetros cun orzamento, IVE incluído, de 124.21 millóns de euros.

Ambas as alternativas contan con sección de autovía, ligazóns nos puntos de orixe e final do trazado, así como unha ligazón intermedia coa estrada N-541 e un viaduto singular para salvar o río Lérez.

ESTADO DA A-57 

A autovía A-57, actualmente, ten en execución as obras do tramo Vilaboa- A Ermida, cun custo de 59.4 millóns. Pola súa banda, xunto ao tramo que agora se somete agora a información pública entre Ermida e Pilarteiros, o trazado complétase co tramo Pilarteiros - Barro e a conexión coa AP-9 en Curro, cuxo estudo informativo foi aprobado o pasado mes de xullo.

Arquivado en