Exposicións fotográficas, conferencias e actuacións musicais nas IV Xornadas das Alfombras Florais de Bueu

Bueu
11 de abril 2018

A quinta edición das Xornadas das Alfombras Florais de Bueu, festa que foi declarada en 2017 de Interés Turístico de Galicia, volve un ano máis co obxectivo de revitalizar esta tradición e espallar a festa máis aló das nosas fronteiras

As IV Xornadas das Alfombras Florais de Bueu contarán con cinco actuacións musicais
As IV Xornadas das Alfombras Florais de Bueu contarán con cinco actuacións musicais / Concello de Bueu

Aínda que faltan tres meses para a celebración da festividade do Corpus, prevista para o 3 de xuño, a Asociación de Alfombras de Bueu xa puxo en marcha a quinta edición das Xornadas das Alfombras Florais. Neste acto, que comezarán este xoves 11 de abril e se estenderá ata finais de mes, o público asistente poderá gozar de exposicións fotográficas, diversas conferencias e a tradicional gala de homenaxe ás alfombristas

A Sala Domínguez Búa será o escenario onde se dará o pistoletazo de saída ao evento coa inauguración, ás 20.30 horas, dunha exposición fotográfica con imaxes das alfombras dos anos 70 a 90, entre outras temáticas. O público poderá gozar desta mostra de libre entrada ata o 29 de abril, en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas.

As conferencias comezarán este venres 13 da man de Rafael Sánchez Bargiela, director xerente do Plan Xacobeo, que ofrecerá a súa ponencia ás 20.30 horas na Sala Nobre do Museo Massó. A continuación, o grupo Los Fantásticos del Morrazo deleitarán o público cunha actuación de jazz.

O sábado será a quenda de Vicenta Pallarés, presidenta da Comisión Xestora Internacional de alfombristas de Arte Efémera, que dará unha conferencia a partir das 20.00 horas, novamente no Museo Massó. A xornada será clausurada pola actuación do grupo The Manueles.

Esta festa foi declarada de Interese Turístico de Galicia no ano 2017

O prato forte das IV Xornadas das Alfombras Florais chega este domingo 15 coa celebración da Gala Homenaxe ás alfombristas de Bueu, que terá lugar no Centro Social do Mar ás 18.30 horas. Alí poñerase en valor o labor de diversas persoas e asociacións que colaboraron activamente para manter viva a tradición alfombrista, que serán agasalladas cun presente. O grupo Médula poñerá o broche a esta xornada cunha actuación musical.

Durante o luns 20 de abril, a charla "Un pintor sen pinceis" homenaxeará á figura do pintor Xosé Benito Otero Baena, que se celebrará tamén no Centro Social ás 20.30 horas e contará coa presenza da súa filla, Marta Otero, entre outras. Esta charla será acompañada pola música do grupo Son Trío.

Por último, ou 21 de abril as IV Xornadas das Alfombras Florais serán clausuradas novamente no Museo Massó cunha charla a cargo da profesora e filóloga Mariña Arbor Aldea que reflexionará, a partir das 20.00 horas, sobre o Pergamiño Vindel. Novamente unha actuación musical amenizará esta clausura, neste caso o grupo The Swinging Flamingos.

Desde mediados do século XVII a festa das alfombras do Corpus de Bueu contan cunha gran tradición e seguimento, especialmente nos anos 40 e 50 do pasado século. Co obxectivo de revitalizar esta tradición e expandir a festa máis aló das nosas fronteiras, en 2015 nacía a Asociación Cultural das Alfombras. Grazas ao seu labor, esta festa foi recoñecida en 2017 co distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia.