Ence asegura que "no caso de que a planta continúe operativa" investirá 55 millóns de euros na fábrica de Pontevedra ata 2027

Pontevedra
18 de marzo 2022

A compañía Ence emitiu un comunicado este venres para "aclarar unha serie de puntos", tras a celebración, onte xoves, dun evento no que interveu o presidente e  CEO da compañía, Ignacio  Colmenares, para avanzar a estratexia fundamental de Ence para os próximos anos que, segundo recalcan hoxe "prioriza a defensa da prórroga da concesión de  biofábrica de Pontevedra"

Fábrica de ENCE en Lourizán
Fábrica de ENCE en Lourizán / Mónica Patxot

A compañía Ence emitiu un comunicado este venres para "aclarar unha serie de puntos", tras a celebración, onte xoves, dun evento no que interveu o presidente e CEO da compañía, Ignacio Colmenares, para avanzar a estratexia fundamental de Ence para os próximos anos que, segundo recalcan hoxe "prioriza a defensa da prórroga da concesión de biofábrica de Pontevedra".

"A firme aposta de Ence por Pontevedra evidénciase nos investimentos previstos pola compañía para a biofábrica de Lourizán", afirma o comunicado.

En concreto, desde a Dirección de Comunicación de Ence afirman que "as cifras presentadas onte inclúen investimentos de 55 millóns de euros en Ence Pontevedra entre 2022 e 2027, no caso de que a planta continúe operativa".

Desta cantidade, 40 millóns de euros correspóndense con investimentos destinados á "mellora da eficiencia e a excelencia operacional e ambiental", incluídos na modificación do Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal ( PSIS) que a empresa está a tramitar. "Esta tramitación, de feito, demostra o compromiso de Ence coa biofábrica de Pontevedra", apuntan.

Os investimentos previstos para o proxecto asturiano de Navia, de 100 millóns de euros, "só levarían a cabo en caso de cesamento da actividade da biofábrica de Pontevedra", tal e como o explicou onte aos analistas e investidores Ignacio Colmenares.

"Se Ence Pontevedra continuase operando, estes investimentos destinaríanse á biofábrica de Lourizán", aseguran. 

 

Arquivado en