En Marea pedirá no Senado a paralización "inmediata e definitiva" da A-57 e que se libere de peaxe a AP-9

Pontevedra
25 de abril 2016

A formación política rexistra unha moción para o seu debate na Comisisión de Fomento do Senado. Aseguran que a cantidade que se investirá en construír a A-57 "permitiría o rescate da Autopista do Atlántico"

Bibiana Piñeiro, Vanessa Angustia e Luis Rei
Bibiana Piñeiro, Vanessa Angustia e Luis Rei / PontevedraViva

En Marea rexistrou unha moción no Senado, para o seu debate na Comisición de Fomento, para debater sobre a paralización "inmediata e definitiva" das obras de construción da A-57, a "mal chamada circunvalación de Pontevedra".

Así o explicou en rolda de prensa a senadora Vanessa Angustia, acompañada do concelleiro de Marea Pontevedra Luís Rei e Bibiana Piñeiro, representante de Salvemos A Fracha.

A formación política instará ademais o Goberno á reposición ao seu estado orixinal da Fracha e pedirá a liberalización da peaxe da AP-9, estrada que "debería ser a verdadeira circunvalación de Pontevedra", sinalou a senadora.

Para Marea a A-57, cuxo primeiro tramo entre Vilaboa e A Ermida atópase xa en construción, é "tan inútil e non menos caro que o Gaiás", continuou Luís Rei.

O portavoz da formación na cidade lembrou que se prevé un custo de "600 millóns" nesta infraestrutura, unha "cantidade que permitiría o rescate da Autopista do Atlántico", argumentou.

Arquivado en