En Marea insta o Goberno do Estado a non autorizar a ampliación da depuradora dos Praceres

Pontevedra
22 de novembro 2018

A parlamentaria do grupo de En Marea no Congreso dos deputados, Yolanda Díaz, conxuntamente con Antón Gómez Reino e Angela Rodríguez, presentou unha proposición non de lei instando ao goberno de Pedro Sánchez a non autorizar a ampliación da EDAR dos Praceres e a comezar os traballos de recuperación da marisma de Lourizán

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, nunha intervención no Congreso
A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, nunha intervención no Congreso

A parlamentaria do grupo de En Marea no Congreso dos Deputados, Yolanda Díaz, conxuntamente con Antón Gómez Reino e Angela Rodríguez, presentou unha proposición non de lei instando ao goberno de Pedro Sánchez a non autorizar a ampliación da EDAR dos Praceres e a comezar os traballos de recuperación da marisma de Lourizán.

Desde En Marea consideran que "non é lóxico profundar no erro de maltratar un paraíso natural único, en lugar de comezar a pensar en como recuperalo".

Ademais, sinalan que a citada ampliación está pensada para enviar as augas residuais, unha vez decantadas, ao medio da ría de Pontevedra, e contempla que as vivendas dos concellos limítrofes de Poio e Marín sigan utilizando esta instalación "en lugar de buscar alternativas viables nos seus respectivos territorios".

Os membros de En Marea lembran que a actual depuradora "non conta coas autorizacións específicas para estar en dominio público marítimo terrestre e mantén as augas con peor calidade de toda a costa española".