Empezan as obras de mellora dos viais do polígono empresarial da Reigosa

Ponte Caldelas
08 de outubro 2021

A actuación consistirá na eliminación da mediana existente entre a Cristalería Pontevedresa e Aludec para rematar co problema de acceso de camións a ámbalas dúas naves empresariais. Tamén renovarán toda a sinalización horizontal, incluídos pasos de peóns, stops, ou frechas de dirección, e substituirán a sinalización vertical deteriorada

Andrés Díaz no Polígono da Reigosa
Andrés Díaz no Polígono da Reigosa /

As melloras dos viais do polígono empresarial da Reigosa comezaron este venres.

Segundo informaron dende o Concello de Ponte Caldelas, a actuación consistirá na eliminación da mediana existente entre a Cristalería Pontevedresa e Aludec para rematar co problema de acceso de camións a ámbalas dúas naves empresariais.

Ademais, renovarase toda a sinalización horizontal, incluídos pasos de peóns, stops ou frechas de dirección e substituirase a sinalización vertical deteriorada. 

"Seguimos traballando para que o noso polígono empresarial sexa atractivo e que se sigan implantando novas empresas", indicou o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, que recorda que nas últimas semanas tamén se acondicionaron todas as rotondas.

O proxecto está financiado nun 80% pola Xunta de Galicia e contará cun investimento total de 45.956,52 euros.

Arquivado en